lunes, 8 de febrero de 2010

VIVIR A VIDA NOUTRO PAÍS, IR E VIR


Ionut, alumno de PCPI de Carrocería, escribiu para a semana da paz este relato conmovedor sobre a súa experiencia como inmigrante.


Cando cheguei a España todo era tan diferente que parecía un soño. Dende a hora que era distinta á comida e á paisaxe. Cando cheguei xunto ós meus pais despois de seis meses sen velos, todo me parecía un soño do que non quería espertar. En todo o tempo que estiven lonxe deles vivín coa miña avoa e a miña tía. Marchar do meu país de orixe, Romanía, deume moita pena porque deixaba alí todos os meus amigos e familiares. Ó chegar a Galicia eu esperábame que me trataran mal, por todos os feitos que levaran a cabo os meus compatriotas romaneses. Pero resultou que me equivoquei, porque a xente que encontrei foi, e segue sendo, marabillosa. Ós dous meses de chegar a Galicia empecei o colexio, apenas sabía falar. Pero grazas a iso fixen moitos amigos, a maioría deles xogando ó fútbol. Despois de dous anos no colexio, tiven que dar o cambio ó instituto. Aí coñecín moita xente. Pero aínda así acórdome da xente do país onde nacín e ás veces quedo pensando como sería a miña vida alí. A vida alí é moi difícil xa que os prezos son como os de aquí pero os soldos apenas chegan a 140 euros ó mes, é por iso que a xente se ve obrigada a emigrar. As persoas non teñen a culpa por emigrar, só o goberno. Ó marchar do país vanse sen saber se van a un bo ou mal sitio. Só queren vivir mellor que no seu país e moitos deles conségueno, xa que encontran un traballo estable. Pero os que non dedícanse a roubar e a enganar á xente para poder sobrevivir. O mundo é inxusto porque hai moitas persoas de todos os países que teñen moitos cartos e dedícanse a comprar coches de luxo e malgastar cartos cos que podían axudar a miles de persoas enfermas e pobres para que deixen de emigrar.
Os emigrantes fan cousas tanto boas como malas no país ó que chegan. Unha das cousas boas é incrementar a poboación do país e a economía. Unha cousa mala é que cada vez hai menos postos de traballo e a xente vese forzada a traballar por menos diñeiro para poder saír adiante a fin de mes. Así que a xente que non é racista vese obrigada a saír ás rúas a facer folgas para defender o seu posto de traballo. Se todos os países tiveran a economía de España, Suíza, Inglaterra, Alemaña, Estados Unidos, etc, a emigración xa non existiría.
Hai xente que pon en perigo as súas vidas vindo en caiucos dende África, moitos deles xa non chegan porque falecen no camiño e os seus familiares non saben nada deles: nin se chegaron nin se sobreviviron.
Eu e a miña familia tivemos sorte. Chámome Ionut, teño 16 anos, levo en Xinzo 5 anos, e malia ter morriña do meu país, son feliz en Galicia.


Ionut Pertroîrchie


A foto está sacada dunha viaxe en tren por Romanía, de Sibiu, en Transilvania, a Constanza, no Mar Negro. Un solpor que ía quedando atrás...

4 comentarios:

Iria Barroso Fernández 4ºB Nº2 dijo...

Moitas persoas son inxustas cos emigrantes, insultanos e xulganos sen saber quen son en realidade. Eles non teñen outra saída que emigrar para sobrevivir, tamén e verdade que os postos de traballo para os españois descenden, pero penso que tamén aportan cousas boas como a economía. A maioría da xente ao ver a un marroquí, rumano, etc... xa pensa que é un ladrón, un fuxitivo ou mala persoa. Un emigrante pode ser iso, e ¿un español non?
Se os coñecesen daríanse de conta que, non todos, pero a maioría son tan boas persoas coma nós.
Coñezo a Ionut, e é un rapaz increíble, incluso mellor que algún galego ou español.

Iván Estévez Rodríguez 4ºC Nº10 dijo...

Penso que a emigración non se ten que ver como nada malo, senón ao contrario. Onde estaría o noso país se non existise a emigración? Ou quen non ten un avó ou avoa que emigrara a Alemania, Cuba, Suíza, Venezuela... ? Eles só buscan unha boa vida igual que os nosos avós a buscaron cando non había recursos aquí. Hay que tratar aos inmigrantes tal e como nos gustaría que nos tratasen a nos ou aos nosos avós, non credes?

Anónimo dijo...

Creo que todos debemos xulgar ás persoas cando as coñecemos realmente e non cando só temos unha simple impresión delas. Eu penso que o que hai que recordar sempre é que pòrriba de todo somos persoas e que todos somos iguais, tamén sei que entre moitos dos inmigrantes que chegan aquí sempre hai algún con malas intencións pero por iso non debemos xulgalos a todos igual.

Anónimo dijo...

Creo que todos debemos xulgar ás persoas cando as coñecemos realmente e non cando só temos unha simple impresión delas. Eu penso que o que hai que recordar sempre é que pòrriba de todo somos persoas e que todos somos iguais, tamén sei que entre moitos dos inmigrantes que chegan aquí sempre hai algún con malas intencións pero por iso non debemos xulgalos a todos igual.

Inmigración 2

Inmigración 2
Dende Alemaña

Inmigración 1

Inmigración 1
Dende alemaña

no limite 1

no limite 1
Lodoselo