Despois de 14 anos navegando sobre papel nace a revista dixital No límite.
É tempo de adaptarse aos novos formatos, por iso, habilitamos este recuncho que as novas tecnoloxías nos proporcionan. Nel queremos que escachen as voces das persoas que transitan ou transitaron polo noso instituto: palabras de todas as cores, fotos, viñetas, ilustracións.... Un espazo plural en GALEGO para a creación, a reportaxe, a opinión, a entrevista, a investigación, o humor, a COMUNICACIÓN.
ANIMÁDEVOS a navegar, a recuperar a memoria dos que foron, a preservar a memoria dos que están e a abrir camiños aos que virán. Nestas páxinas non hai máis marxes cás do respecto e a sensibilidade, cabemos todas e todos.