miércoles, 1 de junio de 2011

CINSA


Este artigo é produto do proxecto educativo "Plantación en Candás", que se deseñou a raíz dos incendios que arrasaron Galicia no verán do 2006. Candás foi un monte vítima destes incendios que "foi adoptado" para levar a cabo unha replantación co alumnado do IES Lagoa de Antela.


CINSA

Unha vida simple, ese é o título dun libro no que se fala sobre actividades e actitudes que contribúen a evitar os ataques deliberados contra unha natureza indefensa, que está quizais a estas alturas, demasiado enferma. O autor deste manual vive en Nova York, desprázase en bicicleta desafiando o tráfico da 5th Avenue, e é vexetariano. Un tipo “raro” (poderíamos pensar) posto que resulta realmente contraditorio que un amante da natureza habite nunha xungla de cemento, como o é esta gran cidade. Encántalle escoitar o canto dos milleiros de paxaros que habitan as árbores de Central Park, e sempre que pode deléitase coas vistas que dende o “Top of the Rock” ofrecen os pulmóns da cidade en outono, cando os tons ocres e avermellados se apoderan do parque. Aínda así a súa estación favorita segue a ser, sen dúbida, a primavera. E se me permitides o comentario, tamén é a miña. Trátase da estación da emerxencia, do agromo das flores e a maduración das froitas. O instante xusto no que a natureza semella explotar e expandirse, un espectáculo espontáneo e fermoso que ultimamente estamos empeñados en ignorar. E máis aló das nosas preferencias estacionais, o problema está quizais na indiferenza que, en cuestións naturais nos caracteriza no último milenio.

Parece que o home do século XXI xa non pensa na natureza, en temos que non sexan puramente económicos; o interesante é pois, o absoluto aproveitamento daqueles recursos naturais que a pesar de ser finitos aportan iso que os grandes empresarios cobizan, os dólares sen importaren os medios senón unicamente os fins. Cométense a diario atentados brutais contra o medio natural que semellan inocuos a curto prazo pero que son, en realidade, gravísimos para un futuro non moi lonxano. O peor de todo é, quizais, que a cegueira é tal que non nos permite albiscar estas consecuencias. E poderían recollerse milleiros destas actuacións irresponsables, interesadas e prexudiciais para o medio que nos rodea; as fugas radioactivas de Chernóbil, a tala masiva de árbores da selva do Amazonas ou as mareas negras, que parecen tamén afastadas. O máis sinxelo é, en todo caso, deixarse invadir pola pasividade e contemplar estes fenómenos como un simple espectáculo que se encargan de retransmitir e mediatizar os medios máis sensacionalistas. Mais o certo é que non é necesario desprazarse ata o Amazonas para decatarse de que Terra está sangrando.

E están aparecendo novas hemorraxias, cada ano, cada día, cada segundo, preto noso, nas nosas cidades, nas nosas vilas, nas nosas aldeas, non só en Nova York, onde os niveis de contaminación impiden contemplar unha noite estrelada. O verán do 2006 foi sen dúbida un deses negros, dos que son merecedores dun risco no calendario. O país infinitamente verde que é Galiza tinguiuse de negro e cubriuse de cinsa, rodeouse de fume e os seus montes volvéronse estériles. Unha onda descontrolada de incendios forestais calcinaron aquilo que tan sabiamente se encargou de producir a nai natureza. As columnas de fume fixéronse habituais nos atardeceres de agosto, e a incapacidade tanto loxística como material para reaccionar fixeron que a situación se agravara aínda máis. Á estampa xa de por si crítica, había que engadirlle o feito de que a maioría dos incendios eran ou ben provocados intencionadamente ou ben se debían a actitudes neglixentes por parte dos cidadáns. E deixando de lado as neglixencias, o verdadeiramente triste e preocupante foron os incendios provocados por furtivos, porque detrás do que aparentaba ser unha febre colectiva de piromanía, atopábanse como era de esperar, os intereses económicos de quen fixo da queima e o lume o seu negocio particular.

Candás, o monte da aldea do concello de Rairiz de Veiga é desgraciadamente só un dos moitos exemplos que podemos empregar para ilustrar a desfeita. Cinco anos despois, aínda se contemplan pegadas da traxedia, porque aínda que a nai natureza é, como di o dito, tan sabia non pode loitar por desgraza, contra o factor humano. E quizais sexa certo iso que din de que o que se considera como o gran triunfo e o cumio da evolución, unha mente pensante, non sexa para a natureza máis que a súa gran desgraza.

Afortunadamente, aínda existen suxeitos que como o noso anterior protagonista residente en Nova York, se preocupan polo medio próximo e se dedican á recuperación e reparación das feridas causadas deliberadamente, proxectos educativos de recuperación ambiental e mentes inquedas que procuran levalos a cabo, conciencias espertas que se encargan da previsión de danos futuros. Porque o máis cómodo sempre é quedar na casa, esperando que as consecuencias das accións propias non repercutan seriamente no sedentarismo “sofariano” do que fixemos o noso marcador de identidade, mais cómpre ser conscientes de que é preciso arranxar na medida do posible aquilo que nós estragamos. Sempre hai tempo de coller a pá e contribuír a deter esta espiral de violencia ambiental, antes de que sexa tarde demais.

En Candás aínda se poden ver as estrelas nunha noite clara de agosto, non deixemos que a cinsa do lume impida gozar desta estampa, que moitos outros desexarían.


BEATRIZ DOMÍNGUEZ, 2º BAC

lunes, 21 de febrero de 2011

GUIÓN DO VÍDEO SOBRE AS LENDAS DA BISBARRA

Aquí reproducimos o guión realizado por Adolfo, Valentina e Pablo para o v´deo sobre as lendas da comarca d'A Limia. O vídeo está colgado no blog do EDLG O falar non ten cancelas.


Voz en off: Ano 3000 D.C.

Watson: Pois xa está acabada a máquina do tempo.

Sherlock: Imos probala.

Watson: A que ano viaxamos?

Sherlock: Ao século I ano 26.

Voz en off: Antioquía, máis coñecido como A Limia.

Xesús: Unha esmola!

SILENCIO

Xesús: Unha esmola!

SILENCIO

Xesús: Unha esmola, polo amor de Deus!

Vella: Pase quen sexa. Quere leite e pan?

Xesús: Si, por favor.

Voz en off: Ao acabar de cear.

Vella: Veña, imos durmir.

Voz en off: Á mañá seguinte.

Xesús/Sherlock: Está morta! Este é un caso para Sherlock Holmes

Watson: E agora que facemos?

Sherlock: Pois buscar ao delincuente polo tempo.

Voz en off: Río do Esquecemento, ano 137 A.C.

Décimo: Vouno cruzar.

Doncela: Non creo que sexa boa idea.

Décimo: Teño que desmentir esta lenda.

Doncela: E se a lenda é real?

Décimo: Dáme igual.

Doncela: Como poderei saber que non esqueciches todo?

Décimo: Chamareite polo teu nome.

Voz en off: E cruzou

Décimo: Sara, ven.

Doncela: A lenda era mentira.

Sherlock: Mirade ese home! Que fará nesta lenda? Vou ir tras el. Detente!

Voz en off: Friol, ano 458 D.C.

Berta: Aaaaaah!

Campesiño: Necesitas axuda?

Berta: Si!

Campesiño: Ven que te levo á casa.

Voz en off: Ao día seguinte.

Servinte: Señor, a túa filla encóntrase cun campesiño.

Rei: Que? Arrestade ese campesiño.

Voz en off: Pouco despois.

Servinte: Quieto aí!

campesiño: Vamos, Berta, témonos que esconder.

Berta: Aí hai unha cova!

Voz en off: Pero no interior dela había un dragón.

Berta: Aaah, un dragón!

Campesiño: Hahahaa, mírao pero se parece un lagarto!

Dragon: Grrrr.

Berta: Arturo, creo que xulgaches mal o dragón.

Campesiño: Apártate de Berta, dragón!

Berta: Coidado!

Sherlock: Pero outra vez ese home!

Voz en off: Guntimil, ano 932 D.C.

Neta: Avó, avó, por que miña nai non me deixa ir a ese outeiro?

Avoa: Porque antigamente había un mosteiro e cando foi derrubado usáronse os seus restos para facer as nosas casas e dise que enterrado alí hai un tesouro.

Neto: Que fai aquel inglés alí?

Avoa: Ei, ti, non se pode desenterrar o tesouro!

Sherlock: Pero será pesado, oe!

Voz en off: Covelas, ano 1259 D.C.

Moura: María, María!

María: Que son esas voces?

Moura: Toma esta cesta de fabas, se non lle contas nada de min a túa nai converterase en ouro, se llo contas mátote.

María: Prometo que non direi nada.

Voz en off: Unha vez na casa.

Nai: Que é iso?

María: Non cho podo dicir.

Nai: Ou mo dis ou douche unha malleira!

Voz en off: Ao final María acabou por contarllo todo a súa nai e como era de supoñer as fabas non se converteron en ouro. Ao día seguinte.

Moura: María, María!

María: Que queres?

Moura: Incumpriches o trato.

María: Aaaaaah!

Sherlock: Aí está outra vez, se o volvo ver tereino que arrestar.

Voz en off: Sandiás, ano 1467 D.C.

Amiga: Mira que bonitas están as torres de Castro, de Porqueira e de Pena.

Amigo: Si, dise que hai un pozo que comunica as tres.

Amiga: E se botamos unha galiña e miramos a ver se sae por algunha das outras torres para confirmalo?

Amigo: Vale!

Voz en off: Pouco despois.

Amiga: Aí vai!

Galiña: Cocococo.

Amigo: Quen es ti?

Demo: Ai, a miña reuma. Ui. Son o demo e vouvos levar ao inferno.


Sherlock: Esta vez non se me escapa, merda, perdino de vista, só hai unha maneira de saber se é el quen a matou, todo bo asasino regresa sempre á escena do crime.

Voz en off: Antioquía, ano 26 D.C.

Sherlock: Está acusado de asasinato, non se mova e poña as mans na cabeza, todo o que diga será usado na súa contra nun xulgado.

Home: Pero se non está morta.

Vella: Coh, maldito anaco de pan.

Sherlock: Ola!

Vella: Que lle ocorreu a Antioquía?

Voz en off: E desmaiouse.

Sherlock: Que facías ti polas lendas?

Home: Buscala e ela para levala de vacacións.

Vella: De verdade?

Home: Si.

Sherlock: Ben, eu marcho.

Voz en off: Ano 3000 D.C.

Sherlock: E Watson onde se meteu?

Watson: Aquí!

Vella: Ola!

Sherlock: Pero ti, ti...

Watson: Si, eu era o home das lendas.

Sherlock: Pero que facías alí?

Watson: Xa cho dixen, buscala para levala de vacacións.

Sherlock: Si, pero en forma de home e non de detective.

Watson: Era para pasar desapercibido. Ben e para que me deixaras en paz un rato.

Sherlock: Como te pille!

Watson: Se podes.

Voz en off: Ano 2010 D.C.

Vella: Por fin de vacacións.

Home: Si.

Vella: Pero aquí non estaba a lagoa?

Home: Si, pero no ano 1958 foi desecada.

Sherlock: Watson!

Inmigración 2

Inmigración 2
Dende Alemaña

Inmigración 1

Inmigración 1
Dende alemaña

no limite 1

no limite 1
Lodoselo