O luns 16 de marzo as 10:30 había un coche de liña esperándonos na porta do instituto. Para que? Os alumn@s de 1º de Bach. e 4º ESO (Div.) tiñamos unha saída na zona dos Blancos.
A viaxe ata Covas estivo moi animada pola música, notábase que a xente devecía por chegar. Unha vez alí comezaron os problemas, que persoas ían levar os sachos? (Os profesores por suposto que non!) Emprendemos o camiño baixo un sol abrasador e, que nos esperaba ante os nosos atónitos ollos? Unha interminables subida! Na primeira curva presentóusenos o noso acompañante, Santos. Explicounos que iamos realizar a ruta que prepararan, para que a xente paseara polo monte e coñecese a paisaxe da zona, que constaba de 40 km. pero tranquilos que nós só fixemos 15 km. Polo camiño informounos da importancia do piñeiro silvestre para a recuperación do solo e o que tardaba en arder cando se iniciaba un incendio, as causas e consecuencias destes e os métodos que se empregan para a súa extinción. Fixemos un alto para plantar as árbores que trouxeramos. Por fin lle demos uso os sachos! (Aparte da competición que montaramos, gañaba quen lle cargase o sacho a outra persoa máis rápido) despois de demostrar as nosas dotes sachando continuamos para buscar un lugar onde comer (que tanto traballo da fame).
Paramos a comer nun mirador, observamos unha gran variedade de menús que ían dende bocadillos de mortadela ata empanada, crocretas e uns deliciosos doces caseiros (que os profesores tamén degustaron porque hai xente moi “pelota”). Despois de xantar fixémoslle caso ao mirador, onde algúns de nós puidemos observar a nosa aldea (Sarreaus, Solveira...) e Santos contounos como eran as batidas dos lobos que organizaban as diferentes aldeas da zona. Continuamos a nosa marcha có estómago cheo e o sono rondándonos, dirixímonos a un alto onde admirar a paisaxe e poder ver o Penedo da Raíña Loba.
Comezamos o retorno cansos (e acalorados!) e chegamos ao paraíso, que tiña forma de zona sombreada e unha fonte con auga fresca. Enchemos as nosas cantimploras. Chegados a este punto os profesores avisáronnos de que tiñamos que facer 5 km nunha hora (non dabamos creto pero o feito de que fose todo baixada consolábanos moito). Para cumprir co tempo imposto tomamos un atallo pouco frecuentado (cheo de toxos e silvas!). Medios mortos (Lamas acúdenos!) chegamos ao coche de liña. HORROR!!! Faltábanos un sacho!!! (adiviñades de quen era a culpa?) Desta volta, na viaxe palpábase o cansazo. Só había mostra de interese nos aloumiños que algúns estudantes se intercambiaban.
Cando chegamos o instituto disolvémonos con discreción.
Raquel Vázquez Blanco e Elisabeth Lamas Rivero 1º Bach. B
2 comentarios:
houbo alumnas moi ejoistas que levaban comida rica para elas soas, o resto co bocata de sardiñas aceitosas que nos fixeron no IES
Pois eu non vou dicir quen son, pero seguro que o/a que escribiu o anterior comentario foi un profesor/a que nos tiña envexa... pero bueno
Ao fin e ao cabo nós pasámolo moi ben e comemos de rechupete...
Que rica estaba a empanada, mellor dito, as empanadas, e as croquetas, e o biscoito, e a tarta... en fin, todo boísimo.
Para a próxima dinos quen es e xa te convidaremos...
Publicar un comentario