O 26 de Abril o instituto do I.E.S foron a visitar a nosa vila. Nós tivemos clase as dúas primeiras horas. Luz, a profesora do IES Monte Carrasco veulles contando aos seus alumnos unha lenda de Xinzo de Limia. Marchamos no primeiro recreo e subimos ao autobús que nos levaría a Lodoselo. Ao chegar alí deixamos as mochilas e fomos ao forno a ver como facían o pan. Logo fomos xogar a uns xogos populares: escachar ovos, os zancos, os bolos, e moitos máis… Ao acabar fomos outra vez ao forno pero esta vez a facer pan. Ao acabar estabamos cheos de fariña e fomos uns lavar as mans no río e outros nun caldeiro con auga. Cando acabamos de lavar as mans fomos comer e deixáronos os profesores andar á nosa bola 30 minutos. Despois fixemos un xogo de pistas con 4 equipos. Cada un tiña una brúxula e un papel que poñía por onde tiñamos que ir para encontrar uns sobres. Fomos polo monte buscando esas pistas e ao chegar ao lugar de encontro unha cadela aballanzouse sobre min e, como estaba mollada, manchoume todo. Logo chegaron os demais grupos e lemos un conto que había en tiras de papel que falaba do importante que é manter os nosos bosques. Ao saír do monte collemos o noso pan e subimos ao autobús para ir ensinarlles aos de Cangas algo de Xinzo, case todos compramos un xeado, e despois veu o autobús para ir ao museo sobre a Lagoa de Antela situado en Sandiás. Alí ensináronnos o que utilizaban cando había lagoa como botixos, barcas e moitas cousas máis… e dixéronnos esta lenda: Logo ensínáronnos as distintas especies e areas que había na Lagoa de Antela e ao acabar a visita fomos ver un vídeo. Deseguido fomos facer unha foto xeral e subimos ao autobús para irnos ao instituto, logo despedímonos da xente de Cangas e vimos como se marchaban os nosos amigos. Eu creo que onde mellor o pasamos foi no xogo das pistas.
-CAMPO DO MOURO: (latín CAMPUS MAURUS) Lugar onde antes había unha ponte de pedra que conducía ós prados e que agora está derrubado.
-VEIGA: (prerrománico IBAI-KA)Parte de terra chan e fértil. Nesa zona, os labregos da aldea de Abavides cultivan cereais.
VILAR
O TOUZAL: (ibérico TAUTIA) Nesa zona antigamente había un monte poboado de carballos, agora hai un pozo onde van beber as vacas.
A SENRA: (latín SENARA) Contan os vellos que nesa zona había campos sementados de cereais. Agora hai unha chaira.
A LOMBA: (latín LUMBU) Zona elevada da montaña de gran lonxitude, nesa aldea contan os vellos que esa montaña e a que divide Galiza de Portugal.
POZA REDONDA: (latín PUTEU + ROTUNDU) Contan os vellos que nesa zona había unha grande poza con forma redonda. Agora hai un terreo seco.
FECHA: (latín FISTULA) Chaira que se atopa na zona máis elevada da aldea.
PIÑEIRA DE ARCOS
Camiño da Colleita: (latín CAMINU) Lugar en Piñeira de Arcos no cal se atopa un camiño polo que a xente ía á sega do trigo.
VILARIÑO DAS POLDRAS
O Pasadizo: (latín vulgar: PASSARE) Atópase en Vilariño das Poldras e chamábaselle así a esta rúa xa que, como me contaron, había dúas casas que se comunicaban por unha especie de ponte de pedra. Por iso esa rúa chámase pasadizo. Os rapaces acostumaban acudir alí para divertirse.
SANDIÁS
Val Do Maio: (latín VALE)Nome que se emprega e empregaba para nomear unha parte do monte de Sandiás no cal se atopaba unha fonte que estaba entre dous vales, de aí o seu nome.
A Peneda(de Ramil): (lat. pinna”rocha”) É unha zona onde hai rochas de grandes dimensións, normalmente relacionadas con lendas e contos populares.
Os Bicos: (célt. beccu) Puntos máis elevados do monte, tamén chamados Picotos polos habitantes de Santa María e Baldriz.
As Minas:(do francés-mine/célt. meina) Situadas no monte de Nocelo da Pena. Lugar onde se extraía estaño.
A Ponte do Burro: (lat. Ponte)Lugar por onde pasaban os burros para ir ás feiras.
As Penedas da Moura de Nocelo da Pena: Lugar onde se sitúan dúas pedras de grandes dimensións e xacementos arqueolóxicos. O nome recíbeno das antigas lendas dos mouros, estas están directamente relacionadas coa Peneda de Ramil.
A Bicuda:(de bico, celt. bikku) Sitio pequeno e difícil de subir.
Rectoral:(lat. rector-oris) Casa parroquial pertencente ao reitor, normalmente ao cura da aldea chamábanlle “o señorito”.
A Laxe: (celta) Zona da aldea onde había abundancia de pedra coa que se construíu a maioría de casas do actual Nocelo.
O Pazo: (lat. palatium)casa señorial. Vivenda na que viviron os señores máis ricos de Nocelo.
A Rañada: (lat aranea) Pequena costa abaixo que dividía as terras de Lodoselo e Nocelo.
A Sepultura: (lat. sepultura)Lugar chamado así xa que hai unha especie de tumba profanada. Relaciónase cos mouros e coa antiga aldea de San Pedro.
O Barrio do Pasadizo: (árabe* barri)Lugar onde se encontra unha especie de ponte entre dúas casas, cóntase que ten bastantes anos e que se fixo porque a filla dunha das casas casou co primoxénito da outra casa.
Prado da Xil: (lat. pratum) Prados da Xil tempo atrás chamábanselle así ás terras que pertencían á familia Xil que non era da aldea pero si tiña propiedades. É unha zona húmida na que actualmente hai cultivos pero antigamente era só para o gando.
As Penedas- (lat pinna) Lugar onde abundaba a pedra.
Val do Sarraio-Zona de val entre dous saíntes do monte onde a terra era máis negra, dicía a lenda que era onde cociñaban os mouros.
Val do Ramos- (lat vale)Non se sabe quen e por que se lle puxo pero a xente maior conta que provén dos mouros xa que alí cultivaban as plantas aromáticas e as especias para cociñar xa que é un lugar ao que é difícil acceder aínda que é un val.
-A BESADA: (latín VERSARE)Entrada da aldea da parroquia de Sarreaus.
-O CANTIÑO: (orixe céltica) Zona situada no centro da aldea onde hai dous canastros e a fonte.
-CANASTROS: (latín CANISTRU) Lugar onde o millo seca co sol.
-FONTE DO CANTIÑO: (latín FONTE(M) + palabra de orixe céltica) Fonte que ten un bebedeiro no que antigamente, os animais que a xente tiña nos curros pasaban por alí para beber.
-A QUINTA: (latín QUINTANA) Zona que vai dar ó alto da aldea onde antes había moitos hórreos.
¤ Parte máis alta da aldea:
-O RECANTO: (RE + latín CANTHU) Aquí atópanse as casas máis vellas da aldea.
-O POZO NOVO: (latín PUTE(M) + latín NOVU(M) )Lugar onde a xente da aldea, aínda hoxe, vai lavar as tripas do porco nas matanzas.
-O CANASTRO DO PERRERO: (latín CANISTRU + nome masculino) É a parte máis alta da aldea, sen chegar ao monte onde hai unha leira á poula onde a xente facía as mallas.
-O PILO: (latín vulgar PILU(M) ) Son dous tanques de auga onde a xente antigamente lavaba a roupa.
-A FONTE: (latín FONTE(M) ) É unha fonte que nunca secou, que posúe moita auga e abastecía a toda a aldea.
-O CASAL: (latín CASA(M) ) souto de castiñeiros e carballos no que se atopa o forno:
-CASTIÑEIROS E CARBALLOS: (latín CASTINEA + prerromano CARBA) Onde os rapaces do pobo ían coller castañas para o magosto; alí tamén xogaban.
-FORNO: (latín FURNU(M) ) Lugar ao que todo o mundo podía acceder para cocer o pan.
-A CAPELA: (latín tardío CAPELLA(M) ) Cuxo patrón é San Nicolao de Bari, onde tamén está o campo da festa.
-A COSTA: (latín COSTA(M) ) É a zona do monte máis próxima á aldea, que se divide en:
-A FONTEIRIÑA: (latín FONTE(M) + sufixo diminutivo) Onde se atopan as cortiñas, que son terreos privados onde se gardaba o gando e se rozaban cunha fouce as gabelas utilizadas para prepararlle a cama ao gando e para facer abono.
-A FONTE DO TÍO RIBERA: (latín FONTE(M) + latín tardío THIU(M) + apelido) Chámaselle así en honor a un señor do pobo alcumado Ribera, que tiña a taberna da aldea, e por casualidade descubriuse que brotara unha fonte no seu terreo, polo que o cedeu e proclamouno como terreo comunal.
-OS OUTEIROS: (latín ALTARIU(M) ) Zona máis alta da costa onde tamén se atopa un penedo que sobresae do resto, denominado “O Penedo Grande”.
-A PARADA: (latín PARARE) Atópase na estrada comarcal e é o lugar no que os rapaces collen o autobús para ir á escola.
-O CARRIL: (latín CARRU(M) ) Lugar no que se atopan as casas novas da aldea sitas na estrada comarcal que vai de Xinzo de Limia a Vilar de Barrio.
-A CASA DA ESCOLA: (latín CASA(M) + latín SCHOLA(M) ) É a derradeira casa da aldea, que separa Folgoso de Cortegada. Antigamente era a escola na que estudaban as nenas e nenos, pero agora transformouse no velorio municipal.
-A LAMELA: (latín LAMELLA) Sitúase por riba da casa da escola, e é un camiño caracterizado pola presenza de carballos.
-O REGO: (latín RIGARE)Son os terreos sitos debaixo das casas onde a xente cultivaba diferentes hortalizas para comer.
*Tamén cabe destacar a presenza dun regueiro que baixa do monte e atravesa toda a aldea. Este regueiro naceu das charcas onde antes a xente enlaiaba o liño. Por último, mencionar as airas como terreos privados nos cales o pobo mallaba o trigo e o centeo antes de gardalo nos palleiros.
Úrsula Casado, Mirian Fernández e Isabel Fernández