lunes, 15 de noviembre de 2010

CONTOS DE MEDO 6


Conto de medo, por Miriam Opazo de 1º A ESO

Unha fermosa e estrelada noite de outono, a carón do lume prendido no patio, mentres toda a familia reunida a redor da fogueira, comiamos castañas asadas, o meu bisavó comezou coma sempre a contarnos as súas, sabe Deus se reais ou inventadas, historias.

Aquela noite contou unha historia nova, non era ningunha das historias que nos contara moitas outras veces, e que xa nos tiñan a cabeza roída a todos. Non, aquela noite contounos a historia do “Paquiño”, un cativo que el coñecera na aldea na que vivía cando era mozo. A min, ao principio fíxome moita graza, xa que ao cativo chamábanlle coma a min, “O Paquiño”; home, claro que el non era coma min, porque eu son “O Paquiño do Ramiro” . Pois ben, estábavos a contar a historia do tal rapaz:

Vexamos, o Paquiño era un cativo coma outro calquera: ía á escola, tiña uns cantos amigos… non moitos, pero algúns si que tiña, levaba un bolso ben feitiño no que metía os libros e os cadernos, e ademais, tiña a caixa de 24 cores, que sorte !!!

Pero o cativo non era tan “coma outro calquera” como dixen anteriormente, é que o cativo era un demo, e non, non me refiro a ese tipo de demos que son moi trastes, xa sabedes, aos que lle din …mmmmm..algo como: “ Rapaz, estas feito un demo, pídelle desculpas ao pobre velliño” e as desculpas case lle molestan máis ao velliño que ao cativo, xa que acostuman a ser deste xeito: “ Perdoe, velliño, e que é vostede tan pequeno que case non o vin”.

Non non, o Paquiño non era dese tipo de demos. El era moi boíño ou ao mellor pintábao, porque para ser o fillo do demo non creo que moi bo fose. Sí, si; como volo conto, o meniño era o mesmísimo fillo do demo.

El moito o advertía pero todos se mexaban coa risa ao escoitar semellante parvada. O mociño, canso xa de que se risen del, decidiu demostralo.

Un día marcharon de excursión. A mañá pasou tranquila sen demos nin bruxas, nin nada que se lles parecese.

O malo foi cando chegou a hora de comer.

O Xosé foi buscar a súa mochila ao parque deserto naqueles momentos, entón o cativo escoitou como alguén se lle achegaba por detrás e imaxinou que sería o Aleixandre que, coa súa figura de atleta, xa lle viña coma sempre co conto de que era un comellón. Pero cando o Xosé deu a volta, non atopou ninguén, e aínda que el estaba case seguro de que alguén lle respiraba na orella seguiu co que estaba a facer.

Cando o cativo se decidiu a marchar de alí escoitou que alguén o chamaba: Xosé ! Axúdame, por favor!.

O Xosé, co medo, preguntou polo baixo quen lle pedía axuda, e a resposta foi a seguinte: ¡Estou aquí, Xosé, amigo meu, bótame unha man!

O Xosé arrimouse coidadosamente ao barranco ao que a mestra lles dixera ou máis ben ordenara non achegarse. Botou unha ollada e alí amarrado a unha ramiña viu o Paquiño que berraba, patalexaba, pedía axuda, movíase, volvíase a remover e sabe Deus cantas cousas máis facía.

O cativo dixolle: Xosé, axúdame! Sácame de aquí! Sácame! Que se caio de aquí en baixo mátome!

O pobriño do Xosé, que non sabía o que se lle viña enriba, tendeulle unha man ao seu compañeiro. Pero antes de poder amarrar ao Paquiño polo brazo para levantalo de alí, o meniño desapareceu. Todo amedrentado o Xosé escoitou unha voz as súas costas que lle dicía: Síntoo moito, querido amigo, pero ti es o seguinte.

O Xosé sentiu que o agarraban pola camisola que levaba e dous segundos despois atopouse prendido á ramiña que había uns cinco minutos tiñaao rapaz, que agora mesmo se atopaba por riba del, nunha situación moi parecida á del mesmo, só se diferenciaba en que o Paquiño era máis bo mozo e mais delgadiño ca el, e polo tanto a ramiña aguantaba mellor a peso do outro cativo.

O Xosé comezou a berrar: Axúdame! Axúdame!

E o Paquiño respondeulle: E por que che ía a axudar?

O Xosé deuse de conta de repente do que o cativo lle quería facer entender, dixo: Es o fillo do mesmísimo demo!

O Paquiño pareceu botarlle unha man ao seu compañeiro, pero en lugar diso sacoulle a mochila; colleuno pola camisola e fixo pola forza que o pobriño do Xosé se soltara da ramiña; por último dixo: Advertínvolo!

E soltou ao Xosé que caeu polo barranco.

Colleu a mochila e, adoptando a forma de demo, baixou onde os demais comían tranquilos. Todos se asustaron moito e logo, no medio dunha gargallada malévola, desapareceron de alí.

Nunca máis se soubo de ningún dos excursionistas

No hay comentarios:

Inmigración 2

Inmigración 2
Dende Alemaña

Inmigración 1

Inmigración 1
Dende alemaña

no limite 1

no limite 1
Lodoselo