viernes, 31 de octubre de 2008

Limiar


Despois de 14 anos navegando sobre papel nace a revista dixital No límite.
É tempo de adaptarse aos novos formatos, por iso, habilitamos este recuncho que as novas tecnoloxías nos proporcionan. Nel queremos que escachen as voces das persoas que transitan ou transitaron polo noso instituto: palabras de todas as cores, fotos, viñetas, ilustracións.... Un espazo plural en GALEGO para a creación, a reportaxe, a opinión, a entrevista, a investigación, o humor, a COMUNICACIÓN.
ANIMÁDEVOS a navegar, a recuperar a memoria dos que foron, a preservar a memoria dos que están e a abrir camiños aos que virán. Nestas páxinas non hai máis marxes cás do respecto e a sensibilidade, cabemos todas e todos.

viernes, 17 de octubre de 2008

Inicio da revista virtual "No Limite"

Hoxe día dezasete de outubro do ano 2008 abre as súas portas a revista virtual "No Límite" do IES Lagoa de Antela, nela poderemos atopar tódolos traballos, información, imaxes e demais , todo relativo ao noso centro .
Calquera información, traballo, imaxe, vídeo e demais "cousiñas" que queirades que se vos publique deberá ser enviado ao enderezo de correo ieslagoa@gmail.com ou ben heitorviper@hotmail.com . O que alí se reciba será comprobado e posteriormente publicado nunha marxe máxima dunha semana .
Con isto remato esta primeira noticia da nosa revista virtual na cal espero que participedes e colgedes comentarios. O enderezo é : http://revistanolimite.blogspot.com/
Asina isto
Héitor Colmenero Nogueiras (redactor da Revista Virtual "No Límite")

Inmigración 2

Inmigración 2
Dende Alemaña

Inmigración 1

Inmigración 1
Dende alemaña

no limite 1

no limite 1
Lodoselo