martes, 2 de febrero de 2010

LENDAS DA BISBARRA


LENDAS 2009-2010

Nun lugar que pertence a Sandiás hai unha torre chamada Torre do Castro e nela atópase un pozo que comunica tres torres: a do Castro, a de Porqueira e a da Pena. A lenda narra que se na Torre do Castro tiras unha ave de curral coma unha pita ou un pavo nese intre aparecerache o demo para levarte ao mundo das sombras, máis coñecido coma o INFERNO.

Miguel García

Conta a lenda que unha vez hai moito tempo un home pasou cabalgando por diante do Penedo de Nocelo da Pena e viu unha moura que estaba escollendo unhas pebides de ouro que tiña no chan sobre unha manta. Ela díxolle que se detivese e preguntoulle se quería un pouco, o home asentiu e a moura preguntoulle se quería un puñado ou unha fanega e el, que era moi avarento, díxolle que prefería a fanega. Foi por esa medida á casa e, cando voltou, a moura xa desaparecera.

Roi Salgado

O Penedo do Arangaño

Conta a lenda que no penedo situado no monte do Arangaño, na aldea de Perrelos, vivía unha moura á que chamaban Dourada. A todo aquel que pasara por alí e non lle botara nada de valor, a moura iríao visitar pola noite e levaríao con ela e non o volverían ver nunca máis.

Belén Sotelo

A Raíña Loba

Era unha muller metade loba e metade muller. Vivía nun penedo onde tiña de escravos os mouros, e se algún destes a traizoaba eran sacrificados no Penedo das Fatigas. Para comer os veciños debíanse pór de acordo porque cada semana un deles debíalle dar unha vaca. Os veciños, fartos da tiranía dela, decidiron darlle morte. Morreu asasinada polos de Peixeiros.

Brandon Barreiro, José Antonio Andrade

A Raíña Loba

Lembran que hai moitos anos na miña aldea había unha muller chamada a Raíña Loba. Esta tiña tanto poder que conseguía o que quería. Un día os veciños preguntáronlle cando se marcharía e ela díxolles “o día que a Serra do Larouco dea centeo”. Os veciños araron un anaco da serra e plantaron alí o centeo pero non naceu. E entón un día cargaron os carros con centeo para subilos á serra e á mañá baixaron para chamala e que vise os carros cheos de centeo e crese que a serra dera centeo. Así o fixeron e ela creuno e díxolles que marcharía porque así o dixera e marchou para unha aldea chamada A Magdalena”.

Álvaro Moure

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Paréceme moi interesante este artigo,e sobre todo polo tema tratado que me interesa.Algunha destas lendas xa as oíra e podo garantizar que están relatadas sen ningunha variación.Creo que seria interesante ampliar o contido deste artigo.
Quería felicitar ós escritores pola súa labor.

PABLO GONZÁLEZ FEIJOO 4·B

marcos dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
marcos dijo...

Pareceme un tema interesante porque estas lendas monstra as crenzas que tiñan os nosos antepasados, creían en seres sobrenaturais como a "moura", é felicito os recopiladores das lendas por o seu traballo.

MARCOS CONDE GIL 4B N4

Inmigración 2

Inmigración 2
Dende Alemaña

Inmigración 1

Inmigración 1
Dende alemaña

no limite 1

no limite 1
Lodoselo